RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Michi Apóstol de novo saíu no once inicial de Venezuela, que empatou ante Panamá

-Foto:@https://x.com/FemeninoFVF

 

Michi Apóstol estivo concentrada coa selección venezolana no Centro de Alto Rendemento de Margarita para disputar dous partidos amigables ante Panamá.

O segundo deles foi onte á noite en Galicia, coa xogadora deportivista de novo no once inicial.

O resultado final foi de empate a un tanto. De Michi Apóstol foi o pase do gol venezolano, marcado pola ex deportivista Oriana Altuve; e un gran disparo no minuto 70 que puido supor o triunfo da 'Vinotinto Feminina'.

O primeiro dos amigables entre ambas as seleccións xogouse esta pasada fin de semana.

A futbolista do Dépor ABANCA tamén foi titular no triunfo do seu equipo por 1-0.

Michi Apóstol, que renovou recentemente o seu contrato até xuño de 2027, adéstrase diariamente co Dépor ABANCA aínda que compite cada fin de semana co filial, líder da Tercera Federación. Esta temporada suma no Dépor ABANCA B 18 partidos xogados, 17 de titular, con 15 goles.

Os resultados de Venezuela foron os seguintes:

Sábado 5 de abril
VENEZUELA 1 - PANAMÁ 0

Martes 8 de abril
VENEZUELA 1 - PANAMÁ 1

Finalizado este choque, Michi Apóstol emprende viaxe de regreso á Coruña.