RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Movementos ofensivos e ensaio de accións a balón parado nunha mañá de baixa carga física

Rubén de la Barrera rebaixou esta mañá a carga física de traballo, circunstancia habitual dous días antes de cada partido.

Así pois esta mañá, despois dunha breve sesión de vídeo no vestiario e dun quecemento con rondos, o técnico deportivista dividiu ao seu cadro en dous grupos. Mentres un deses grupos no campo tres da Cidade Deportiva executaba movementos ofensivos, o outro no campo dous ensaiaba accións de estratexia, especialmente saques de esquina.

Con Borja Galán e Derik á marxe do grupo, ambos avanzando nos seus procesos de recuperación, unicamente o canteirán Adri Castro adestrouse hoxe co primeiro equipo.

Mañá sábado 17 de abril, o Deportivo realizará a partir das 10:30 horas a última sesión de adestramento previa ao encontro ante o CD Numancia en ABANCA-RIAZOR deste domingo 18 de abril ás 19:00 horas (TVG), correspondente á terceira xornada no grupo 1D de Segunda División B. "É un partido importante, iso é indiscutible. Xogamos en casa. O feito de que se poida incrementar a capacidade, que a pesar de todo seguen sendo unhas cifras baixas, vainos a axudar", afirmou sobre o partido Rubén de la Barrera en rolda de prensa posterior ao adestramento.