RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nacho González non continuará no Deportivo a próxima temporada

O Real Club Deportivo, acolléndose a unha das cláusulas do contrato con Juan Ignacio "Nacho" González Brazeiro (Paysandú, Uruguai, 5 de novembro de 1993), comunicou ao futbolista que a próxima temporada non manterán a súa vinculación contractual a pesar de que lle restaba unha temporada máis como futbolista branquiazul.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente ao mediapunta, que recalou no Dépor procedente da Praza Colonia o pasado verán, o seu traballo, esforzo e dedicación diaria mentres defendeu a camiseta Deportivista, desexándolle a maior das sortes tanto a nivel persoal como na súa futura carreira profesional.