Nourredine Naybet afirmou hoxe que aínda é pronto para entrar de novo
no equipo titular. "Estiven bastante tempo de baixa e, aínda que adestrei
estes días, non creo que estea en condicións. Ademais de que sería unha
falta de respecto para os meus comp
O marroquí pediu respecto para os defensas do Deportivo: "Defender non é
cousa unicamente dos que xogan atrás. É un labor de todo o grupo". Por outra banda,
tanto Naybet como Roy Makaay participarán en Madrid o vindeiro mércores
18 no partido que conmemorará o Centenario do Real
Madrid: "Estou moi agradecido e orgulloso por participar nun evento tan
importante", dixo Naybet, quen confirmou tamén a súa presenza o día antes, en Riazor,
no encontro entre o Deportivo unha selección dá Costa da Morte, en beneficio
dos damnificados do Prestige. "Podo perfectamente estar nos
dous sitios", concluíu Nourredine Naybet.
Por outra banda, Víctor indicou que a liña ten que ser a de traballo
para endereitar o rumbo en canto a resultados refírese; e Luque aclarou que
el sempre traballa para ser titular. "A ninguén lle gusta ser suplente, pero o
que decide é o adestrador", comentou Luque.