RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nenos de Boiro, Dodro e Muros visitan o Estadio

Os nenos dos Concellos de Boiro, Dodro e Muros que participan no Campus de Fútbol 2002 da Deputación, organizado polo Deportivo, visitaron esta mañá o Estadio de Riazor e a Praia Club e fotografáronse coa Copa do Rei.


A foto co trofeo foi o que máis ilusión fixo aos mozos, así como estar no rectángulo de xogo herculino ou nos palcos VIP de Riazor. Estes nenos únense xa ao mediodía ao grupo que desde o domingo atópase en Acea de Ama. A semana dos máis de 200 nenos de toda a provincia está repleta de actividade, ademais das sesións de adestramento de fútbol e as visitas culturais, os nenos practicarán tenis, natación e outros deportes, xogarán un torneo de fútbol entre eles e ao final da súa estancia recibirán o seu diploma. Unha semana para o recordo, sen dúbida, que forxará novos deportivistas.

A lista de concellos que participan nesta quenda correspondente ao Campus da Deputación que organiza o R.C. Deportivo complétana, ademais dos xa mencionados Boiro, Dodro e Muros, Carnota, Lousame, Malpica, Muros, Ortigueira, Outes, Padrón, Poboa do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois e Santa Comba.