RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Nenos e nenas da Dépor Escola Feiraco ondearán bandeiras branquiazuis en ABANCA-RIAZOR nos instantes previos ao Dépor - Albacete

Tal e como sucedeu no encontro ante o Real Racing Club, nos instantes previos ao Dépor - Albacete Balompié deste domingo 8 de febreiro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas), o futuro do deportivismo tomará o céspede. 

Os nenos e nenas da Dépor Escola Feiraco saltarán ao campo para ondear as bandeiras branquiazuis, levando nas súas mans moito máis que unhas cores: levarán ilusión, paixón e o amor máis puro por este escudo.

As súas miradas, cheas de soños, lembrarán a ABANCA-RIAZOR que o Dépor non é só presente, senón tamén futuro. Un futuro que latexa forte, que cre, e que xa sente estas cores como parte da súa vida. 

O deportivismo hérdase, apréndese... e vívese desde pequeno.

Desta forma, a Dépor Escola Feiraco ofrece unha experiencia única aos seus 500 alumnos e alumnas, ademais de complementar a súa formación en fútbol de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.