RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Nico Balbas conclúe o Mundial sub-17 con derrota ante Indonesia

Nico Balbas estivo concentrado coa selección de Honduras sub-17 con motivo da disputa do Campionato do Mundo de Catar.

O terceiro e último partido da fase de grupos foi este luns ante Indonesia.

Venceron os asiáticos por 1-2 nun encontro que o canteirán branquiazul seguiu desde o banco.

Con este resultado, Honduras pecha o torneo en última posición do seu grupo e queda apeada da competición.

Nico Balbas foi titular ante Brasil no primeiro partido e xogou a recta final do segundo ante Zambia.

Os resultados de Nico Balbas foron os seguintes:

Martes 4 de novembro
BRASIL 7 - HONDURAS 0

Venres 7 de novembro
ZAMBIA 5 - HONDURAS 2

Luns 10 de novembro
HONDURAS 1 - INDONESIA 2

Nico Balbas uniuse a outros 2 canteiráns branquiazuis que tamén tiveron cita mundialista esta temporada: David Mella en categoría sub-20 e Antía Veiga tamén en sub-17.