RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
Xuvenil-A

"Nova batalla" entre o Xuvenil A e o Sevilla FC mañá ás 12:00 co billete para a Final Four da Copa de Campións en xogo

O Xuvenil A visita mañá domingo ás 12:00 ao Sevilla FC co billete para a Final Four da Copa de Campións en xogo.

O encontro xogarase no Estadio Jesús Navas da Cidade Deportiva sevillista e será retransmitido en directo pola canle oficial de Youtube do RC Deportivo.

Despois do 0-0 da ida disputada o pasado domingo en Abegondo, Manuel Pablo, en rolda de prensa esta mesma semana, indicou que "teremos que centrarnos en tentar, ante un equipo que é moi forte defensivamente, buscar as situacións onde podamos sacar vantaxe".

O técnico deportivista lembra que o Sevilla FC "xoga na súa casa, vai saír con esa enerxía de saber que é un partido e que nos pode dar aos dous equipos unha Final Four; así que será unha nova batalla".

Serán baixa por lesión nos branquiazuis Dani Estévez e Hugo Villaverde; aínda que o Xuvenil A recupera a Noé, sancionado no partido de ida. 

Completan a convocatoria deportivista estes futbolistas: Román, Anxo, Vilela, Pablo Parada, Carreira, Zoe, Álvaro, Domínguez, Guerrero, Álex Delgado, Hugo Torres, Ayman, Pablo García, Manu Ferreiro, Mardones, Carletto, Martiño, Samuel Fernández, Lucas e Kevin.

Pola súa banda, o Sevilla FC non perdeu ningún partido esta temporada no grupo 4º da División de Honra, cun total de 28 partidos gañados e 6 empatados. Ademais, unicamente encaixou 15 goles na liga.

Completan os cuartos de final da Copa de Campións estes partidos:

Real Betis Balompié - UD Las Palmas. Na ida: 0-3 favorable aos béticos

Atlético de Madrid - UD Levante. Na ida: 1-1

RCD Mallorca - Athletic Club. Na ida: 1-0 favorable aos vascos

/* Bot imbee */