RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Nova exhibición de solidez do Xuvenil B, esta vez ante o Arosa SC

O Xuvenil B mostrou a súa enorme solidez no partido ante o Arosa SC en Abegondo (2-0), correspondente á 9ª xornada no subgrupo A da Liga Nacional.

Martín Ochoa aos 15 minutos de xogo e Hugo Baldomar no 25 foron os autores dos goles branquiazuis nun encontro totalmente controlado polos pupilos de Alejandro Antón e Aldo Duscher.

Con este resultado, o Xuvenil B aséntase no liderado con 24 puntos e un partido menos xogado que a SD Compostela, segunda con 21 puntos.

Xuvenil B: Ríos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Seydiba, Mario, Rubén, Hugo Baldomar, Embid, Martín Ochoa, Roque e Diego Gómez. Tamén xogaron: Íker Méndez, Álex González, Carlos Rodríguez, Adrián Lombao e Nico.

A próxima fin de semana, o conxunto deportivista inicia a segunda volta coa visita do Racing Villalbés a Abegondo.

Antes, o encontro correspondente á 7ª xornada entre o Xuvenil B e o Victoria CF, aprazado no seu día por un caso de COVID-19 no conxunto blanquinegro, xogarase finalmente o mércores 20 de xaneiro ás 19:45 en Abegondo.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B 5 (Diego Gómez, Nacho, Trigo, Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - EF Lalín 0
SD O Val 1 - Xuvenil B 3 (Rubén e Martín Ochoa -2-)
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)
Xuvenil B 2 (Álex González e Diego Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Xuvenil B - Victoria CF, o mércores 20 de xaneiro ás 19:45 en Abegondo
SD Compostela 1 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Quique Teijo)
Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Hugo Baldomar) - Arosa SC 0