RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Nova sesión táctica no campo 3 centrados Os Nosos en El Molinón e en "acabar estes partidos da mellor maneira posible"

Os Nosos realizaron esta mañá unha nova sesión de alta carga táctica no campo 3 de cara ao partido deste sábado 10 de maio ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en El Molinón ante o Sporting de Gijón.

Tal e como subliñou Yeremay Hernández nada máis recibir o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de abril, o Dépor está centrado, selada a permanencia e con opcións de disputar o play off de ascenso a LaLiga EA Sports, en "acabar estes partidos da mellor maneira posible".

O atacante canario lembra que o equipo vén de 4 temporadas en Primera Federación e sostén que esta campaña "houbo momentos bos, momentos menos bos. En ABANCA-RIAZOR non estivemos ben de todo en cambio fóra estivemos moito mellor. Unha temporada boa sen mirar de onde vimos".

Óscar Gilsanz dispuxo após unha activación con rondos unha tarefa de finalizacións, un exercicio táctico e un partido a medio campo.

Están con adestramento individual Dani Barcia, Ximo Navarro, Jose Ángel e David Mella; e Gauto no seu proceso de incorporación progresiva ao grupo.

A meta Alberto e Mardones foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres o Dépor adestrarase a partir das 11:00 en Abegondo. Pola tarde, os convocados por Óscar Gilsanz partirán de viaxe a Gijón.