O Atlético de Madrid quedou co Primeiro Trofeo Hellboy disputado esta noite no Vicente Calderón. O tres partidos, de 45 minutos cada un, acabaron con empates e a Copa decidiuse nos penaltis. Munitis marcou os dous goles do Deportivo.
O primeiro partido do Deportivo no triangular disputado en Madrid ante a AEK de Atenas finalizou con empate a un gol, a branquiazul obra de Munitis. Na quenda de penaltis perderon os de Irureta, que despois se enfrontaron ao anfitrión, o Atlético, nun novo partido de 45 minutos que tamén acabou con empate a 1. O autor, de novo, Pedro Munitis. O terceiro partido, entre o Atlético e a AEK acabou sen goles e na quenda de penaltis impuxéronse os branquivermellos.