RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O autobús oficial do RC Deportivo estrea nova imaxe con ANOSAFORZA como protagonista

O autobús oficial que cada semana utilizarán Os Nosos e As Nosas nos seus desprazamentos por toda España durante esta temporada estrea desde hoxe unha nova imaxe, decorado un ano máis coa colaboración da empresa coruñesa Mástil Rotulación.

Os laterais do vehículo, pertencente á frota da firma Autocares Vázquez, presentan en branco a marca DÉPOR sobre unha composición en distintos tons de azuis e branco, e con imaxes de #ANOSAFORZA, o gran alicerce do Club, en ABANCA-RIAZOR; ademais dos patrocinadores principais da entidade deportivista.

A parte traseira loce un FORZA DÉPOR, berro de ánimo que a recado se escoitará nas bancadas de todos os campos de España, ademais de por suposto en ABANCA-RIAZOR.