RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O Club logra os seus primeiros obxectivos deportivos á espera de superar novos retos esta mesma temporada

O RC Deportivo encarrila a recta final da temporada e xa na recente fin de semana alcanzou algunhas das metas propostas a principios da mesma.

O primeiro equipo masculino confirmou matematicamente a súa permanencia en LaLiga Hypermotion após a súa vitoria en ABANCA-RIAZOR ante o Albacete Balompié por 5-1. Os branquiazuis, xa con 53 puntos, aínda teñen opcións matemáticas de clasificarse para o play off de ascenso á máxima categoría do fútbol español. 

Pola súa banda, o Fabril logrou clasificarse para o play off de ascenso a Primera Federación após vencer á RS Gimnástica por 3-0. O UCAM de Murcia será o primeiro escollo para os de Manuel Pablo.

Así mesmo, o Dépor ABANCA B proclamouse campión do grupo 1º de Tercera Federación e logrou o ascenso a Segunda Federación.

De novo en categoría masculina, o Xuvenil A foi campión do grupo 1º da División de Honra e agora medirase ao CD Tenerife nos cuartos de final da Copa de Campións, paso previo á soñada Final Four de Ponferrada.

Tamén houbo éxitos nas categorías inferiores femininas. O Orzán SD Sub-21 logrou o ascenso á Tercera Federación, categoría na que antes militaba o Dépor ABANCA B.

E o Orzán SD Xuvenil está a un paso de ascender á Primera Autonómica.

Non nos podemos esquecer dos nosos internacionais, cada vez en maior número nas categorías inferiores de España, Marrocos, Honduras... A lista é numerosa tanto en categoría masculina como feminina:  Yeremay, Michi Apóstol, David Mella, Kevin Sánchez, Raúl Lema, Nico Balbas, Nikolay Dyulguerov, Antón Vilariño, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande e Dunia Dahmouni.

A Cidade Deportiva de Abegondo, unha das instalacións máis modernas de Europa, é xa un referente de talentos.

A pesar dos recentes éxitos cultivados, o Club non dá un paso atrás e continúa a súa pelexa por cumprir máis obxectivos nesta recta final da temporada.