RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA animou a asistir ao partido en ABANCA-RIAZOR ante o Alavés Gloriosas ao alumnado do Fogar de Santa Margarida

O Deportivo ABANCA animou hoxe de novo á mocidade coruñesa a acudir ao encontro do próximo domingo 12 no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Deportivo Alavés Gloriosas (17:00 horas), coa visita este mediodía ao Fogar de Santa Margarida.

As xogadoras branquiazuis Samara, Raquel García e Paula Gutiérrez, acompañadas por Michelle Clemente, conselleira do RC Deportivo e ex xogadora do Dépor ABANCA, e José Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, charlaron co alumnado, ao que convidaron a acudir ao encontro fronte ao conxunto vitoriano en ABANCA-RIAZOR.

Onte luns, as futbolistas Cris Martínez e Paula Monteagudo, acompañadas por Álex Bergantiños, conselleiro e ex xogador do RC Deportivo, e Inés Rey, alcaldesa da Coruña, visitaron o CEIP Víctor López Seoane, en Monte Alto, onde tamén repartiron invitacións para o partido do domingo.

O Dépor ABANCA, que lidera a Primera Federación Iberdrola, segunda categoría nacional, con 18 puntos despois de 7 xornadas, xogará por decimotercera vez en ABANCA-RIAZOR. Será o sexto partido oficial despois de xogar na Copa de la Reina 2019-20 ante o Valencia CF (7-2); na máxima categoría nacional 2020-21 fronte ao Sevilla FC (1-2) e Atlético de Madrid (1-8); e na segunda división 2021-22 ante o DUX Logroño (0-0) e no playout dese mesmo curso contra a Real Unión de Tenerife (3-1). Os outros 7 encontros corresponden ao Trofeo Teresa Herrera, que as branquiazuis venceron en 3 ocasións, precisamente a última ante o rival do próximo domingo, o Deportivo Alavés Gloriosas.