RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA ata unha temporada máis a Vera Martínez, a defensa central que o xoga todo

O Dépor ABANCA ata no centro da defensa até xuño de 2026 a Vera Martínez Viota (Astillero, Santander, 13 de agosto de 1999).

Esta campaña, a central deportivista disputou completos todos os partidos de Liga F: 23; ademais dos 4 de Copa de la Reina tamén na súa totalidade.

Procede do CA Osasuna, onde militou as temporadas 2022-23 e 2023-24 e xogou 51 partidos (50 deles como titular) e anotou 3 goles na segunda categoría do fútbol feminino nacional.

Vera xa debutara en Liga F, posto que na campaña 2021-22 xogou 13 partidos, 7 deles como titular, co Deportivo Alavés, club co que logrou ascender a Reto Iberdrola (hoxe Primera Federación Iberdrola) e á máxima categoría.

Internacional española en categoría Sub-19, comezou a súa carreira no Reocín Racing B na temporada 2013-14 antes de pasar ao primeiro equipo a temporada seguinte. Tamén vestiu a camiseta da Ave Fénix Racing de Torrelavega.