RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B deixa sen opcións ao Real Oviedo Femenino B e volve ao grupo de cabeza

O Deportivo ABANCA B deixou sen opcións (5-0) ao Real Oviedo Femenino B en partido correspondente á 6ª xornada no grupo 1º de Tercera Federación FutFem.

Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos foron as goleadoras branquiazuis.

Con este resultado, o equipo que prepara Óscar Orro suma 15 puntos e instálase xa no grupo de cabeza, con Real Avilés CF, Sárdoma CF, Olímpico de León e Lóstrego CF.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Laura Santos, Uxía López, María Calvo, Antía Brage, Noelia Mayo, Laura Otero, Macarena González, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Noela. Tamén xogaron: Elena López 'Cusi', Celia Sousa, Emma Gandoy, Andrea Ansede e Iria Otero.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visitará en Vigo ao Sárdoma CF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0