O Dépor ABANCA B inicia a liga con triunfo e dobrete goleador de Lucía Rivas
Un dobrete goleador da canteirá e internacional española Lucía Rivas (na foto a futbolista do medio na ringleira de abaixo) valeu o triunfo en Abegondo para o Deportivo ABANCA B (2-1) sobre o Victoria FC de Santiago na 1ª xornada en Tercera Federación FutFem, antiga Primera Nacional.
Así, o conxunto que dirixe Óscar Orro, vixente subcampión de liga, suma as súas 3 primeiros puntos na clasificación.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Celia Sousa, Noelia Mayo, María Calvo, Antía Brage, Emma Gandoy, Carmen Carballada, Laura Santos, Laura Testa, Lucía Rivas e Laura Otero. Tamén xogaron: Macarena González, Elena López 'Cusi, Sara Cercido e Noela Sánchez.
A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Umia CF.