RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B leva o Torneo Unindo Camiños ao derrotar en Santiago ao Victoria FC

O Dépor ABANCA B adxudicouse o Torneo Unindo Camiños ao derrotar (0-1) no campo de Santa Isabel de Santiago ao Victoria FC.

Decidiu o partido e o trofeo un gol de Paula Monteagudo, co que ademais o filial suma a súa primeira vitoria este verán.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Alejandra Vázquez, Paula Novo, Carmen Carballada, Laura Otero, Redru, Yanís Citoula, Paula Monteagudo, Laura Ruiz, Ivana Fernández e Daniela Macedo. Tamén xogaron: Yaiza García, Dunia Dahmouni, Sara Cercido, Lucia Mariño e Iria Otero

O vindeiro domingo 1 de setembro ás 12:00, o conxunto de Óscar Orro mídese en La Torre ao CD Lugo nun novo test de pretemporada.

Os resultados até a data das deportivistas son os seguintes:

Real Avilés CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Atlético Vilalonga FF 4 - Deportivo ABANCA B 1 (Candela Fernández)
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA B 0
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)