RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B sofre pero saca adiante o seu partido ante o Lóstrego CF, un rival da zona nobre

O Dépor ABANCA B sufriu pero sacou adiante (2-1) o seu partido en Abegondo ante o Lóstrego CF, un rival da zona alta da táboa, correspondente á 19ª xornada en Tercera Federación FutFem.

Noela adiantou pronto ao branquiazuis pero ao cuarto de hora lograron empatar as pontevedresas. Laura Santos, ao fío do descanso, marcou o tanto que ao cabo sería o do triunfo.

Con este resultado, o conxunto de Óscar Orro suma 41 puntos na 2ª posición da táboa, a 12 puntos do Real Avilés CF, líder con 53.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Noelia Mayo, María Calvo, Paula Novo, Michi Apóstol, Carmen Carballada, Sara Cercido, Laura Santos, Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Laura Testa, Maca González, Lucía Mariño e Lucía Rivas.

O vindeiro domingo toca de novo partido na Cidade Deportiva, esta vez ante o Gijón FF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1
CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1