RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Dépor ABANCA B, superado pola SD Eibar B

O Dépor ABANCA B viuse superado pola SD Eibar B (0-4), en partido correspondente á 8ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Após chegar ao descanso con 0-1, as eibarresas castigaron ás branquiazuis con 3 tantos nunha frouxa segunda metade deportivista.

Foron titulares as internacionais Michi Apóstol e Redru; mentres que Antía Veiga, de regreso do Mundial sub-17, seguiu o choque desde o banco.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Michi Apóstol (Laura Ruiz, min. 71), Carmen Carballada, Laura Otero, Marta Rico (Sara Cercido, min. 62), Lucía Mariño (Lucía Rivas, min. 62), Redru, Daniela Valbuena (Sonsoles, min. 71), Yanis Citoula, Jenny Corros e Emma Gandoy.

Con este resultado, As Nosas quedan con 10 puntos na metade da táboa.

O vindeiro sábado 8 de novembro ás 16:00, o Dépor ABANCA B visita en Mareo ao Sporting de Gijón.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4