RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B, superior ao Real Oviedo Femenino B

O Dépor ABANCA B superou con claridade (0-6) ao Real Oviedo Femenino B en partido correspondente á 21ª xornada en Tercera Federación FutFem.

Ao non ter partido o primeiro equipo por parón en Primera Federación Iberdrola, Óscar Orro, técnico branquiazul, puido contar coas futbolistas que están en dinámica do Dépor ABANCA como Paula Monteagudo, Paula Novo, Lucía Rivas, Carmen Carballada e Michi Apóstol. Todas elas, que xogaron o pasado xoves o amigable en Astorga ante o Athletic Club B de Liga F, foron titulares en Oviedo.

Así mesmo a internacional Elena Vázquez xogou uns minutos na súa reaparición após superar unha lesión muscular.

Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada foron as goleadoras branquiazuis.

Con este resultado, o filial feminino suma 47 puntos na 2ª posición da categoría por 57 do líder, o Real Avilés CF.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Noelia Mayo, María Calvo, Paula Novo, Michi Apóstol, Carmen Carballada, Laura Testa, Lucía Rivas, Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Sara Cercido, Lucía Mariño, Laura Santos, Elena López 'Cusi' e Elena Vázquez.

A próxima semana non haberá competición de liga posto que a selección galega sub-17 disputará en Murcia, do 1 ao 3 de marzo, a Fase de Oro do Campionato de España por autonomías, á que acudirán Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Noelia Mayo, Laura Santos e Emma Gandoy.

Así pois, en quince días, concretamente o 10 de marzo, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Sárdoma CF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1
CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1
Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1
Real Oviedo Femenino B 0 - Deportivo ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada)