RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA desprázase en autocar este sábado 24 a Logroño para medirse ao DUX en Las Gaunas o domingo 25 ás 16:00

O Dépor ABANCA viaxa este sábado 24 de xaneiro por estrada a Logroño para visitar ao DUX en Las Gaunas o domingo 25 ás 16:00 (Dazn) en partido correspondente á 17ª xornada da Liga F.

Antes de viaxar, Fran Alonso dirixirá a partir das 9:45 unha última sesión no Dépor Training Center.

O regreso de As Nosas será tamén por estrada nada máis concluír o encontro.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA esta fin de semana é o seguinte:

Sábado 24 de xaneiro
9:45: Adestramento no Dépor Training Center
12:00: Saída en autocar a Logroño
19:30 (hora aproximada): Chegada ao hotel Zenit Logroño

Domingo 25 de xaneiro
16:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, nas Gaunas
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña