O Dépor ABANCA desprázase este sábado por estrada a Madrid para visitar ao Atlético o domingo 15 ás 16:00 horas
Con pouco tempo de recuperación após o esforzo copeiro en Sanxenxo ante o Atlético Villalonga FF e con apenas dúas sesións de traballo, incluída a de hoxe venres, para preparar o partido, o Dépor ABANCA desprázase este sábado 14 de setembro por estrada a Madrid para visitar ao Atlético de Liga F a partir das 16:00 (Dazn) no Centro Deportivo Alcalá de Henares.
Antes de subirse ao autocar, a partir das 9:30, Irene Ferreras dirixirá un último ensaio na Cidade Deportiva.
O regreso das Nosas, tamén por estrada, será ao finalizar o encontro.
O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:
Sábado 14 de setembro 9:30: Adestramento en Abegondo 12:30: Saída en autocar a Madrid 19:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel AC Alcalá
Domingo 15 de setembro 16:00: Atlético de Madrid - Deportivo ABANCA, no Centro Deportivo Alcalá de Henares Ao concluír, regreso en autocar á Coruña