RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este sábado por estrada a Pamplona para visitar ao CDF Osasuna

Unha vez finalizado o último adestramento deste sábado 2 de outubro en Abegondo, as futbolistas do Deportivo ABANCA convocadas por Miguel Llorente desprazaranse a Pamplona por estrada para visitar ao CDF Osasuna o domingo 3 de outubro ás 12:00 no campo de Tajonar. O choque corresponde á 4ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

O regreso á Coruña do equipo deportivista será nada máis concluír o encontro ante o conxunto vermellón.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 2 de outubro
10:00 h.: Adestramento en Abegondo
11:30 h.: Saída en autocar a Pamplona
20:00 h. (horario aproximado): Chegada ao Hotel Silken Zizur Pamplona

Domingo 3 de outubro
12:00 h.: CDF Osasuna - Deportivo ABANCA, en Tajonar

Ao concluír, regreso por estrada á Coruña