RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA imponse no segundo test de pretemporada

O Deportivo ABANCA venceu (0-1) no seu segundo amigable de pretemporada ao Viaxes InterRías FF, club que milita na Primeira Nacional, e adxudicouse o Trofeo Concello de Sanxenxo.

As pupilas de Miguel Llorente continuaron coas boas sensacións transmitidas no Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR, a pesar de que caeron nos penaltis ante o Valadares Gaia FC. Fronte ás portuguesas, o dominio do xogo foi totalmente branquiazul e só faltou puntaría nos metros finais.

Esta tarde no Novo Campo de San Pedro de Vilalonga o mando do partido tamén foi branquiazul. Faltaron, iso si, ocasións claras pero decidiu o choque o acerto goleador de Jone na segunda metade.

As futbolistas locais, conscientes da diferenza de categoría, tentaron pechar filas ao redor da súa portería e aproveitar algún erro branquiazul, circunstancia que non se produciu.

Neste partido, Miguel Llorente non puido contar por problemas físicos con Alba Merino, Laura Fernández e Ainhoa Marín.

Deportivo ABANCA: María Sampalo (Nuria, min. 72), María Figueroa (Eva Dios, min. 71), Aroa Guerra (Carlota, min. 71), Andrea Sierra, Inés Juan, Paula (Marta Rico, min. 72), Alejandro Serrano 'Ale' (Tati, min.46), Raquel, Jone, Goretti (Patri López, min. 46) e María Ruíz (Noela, min. 85).