RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA mídese este domingo ás 16:00 en Las Gaunas a un DUX Logroño que "o vai a dar todo para salvar a categoría"

O Dépor ABANCA visita este domingo 25 de xaneiro ás 16:00 (Dazn) ao DUX Logroño en partido correspondente á 17ª xornada na Liga F.

As Nosas chegan ao encontro con 14 puntos na 13ª posición da táboa.

Fran Alonso apunta que "puxemos o foco en tentar ser máis valentes, máis agresivas fose de casa tamén, sentirnos arroupadas".

Son baixa por lesión Henar e Millene pero, segundo explicou o preparador branquiazul "Barth e Marisa adestran co grupo en posicións importantes. Iso dános moitísimo. Monteagudo logrou entrar en convocatoria. Levaba 10 semanas de baixa pero cada vez estaba máis rodada. Véselle mellor de ritmo. Está preto de poder achegar minutos. Estamos nunha boa posición e cunha boa mentalidade".

O técnico deportivista cre que para o DUX o partido é unha "final" e advirte que "cambiaron moitas xogadoras neste mercado invernal. Reforzáronse ben para tentar salvar a categoría e vano a dar todo", en referencia ás chegadas das centrocampistas arxentinas Cata e Giménez; a lateral esquerda Martín e a dianteira francesa Scannapieco.

Insiste en "mellorar os números fóra de ABANCA-RIAZOR porque en casa estamos a ser moi sólidas. E de aí depende que podamos ver o crecemento do equipo tanto na táboa como en puntos".

Pola súa banda, o DUX Logroño é 15º na táboa con 6 puntos.

Na primeira volta disputada en ABANCA-RIAZOR o pasado 12 de outubro houbo empate a dous goles despois de que As Nosas adiantáronse no marcador con 2-0.

No seu campo esta temporada as rioxanas, que aínda non coñecen a vitoria, empataron co Madrid CFF (2-2), Granada CF (1-1), ; e caeron coa Real Sociedad (0-1), Alhama CF (2-4), RCD Espanyol (0-2), Atlético de Madrid (0-5), SD Eibar (0-1) e Levante UD (2-3).

Antes de viaxar, Fran Alonso dirixiu unha última sesión no Dépor Training Center.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA esta fin de semana é o seguinte:

Sábado 24 de xaneiro
9:45: Adestramento no Dépor Training Center
12:00: Saída en autocar a Logroño
19:30 (hora aproximada): Chegada ao hotel Zenit Logroño

Domingo 25 de xaneiro
16:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, en Las Gaunas
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña

As Nosas adestraranse de novo o luns 26 de xaneiro ás 10:30 no Dépor Training Center.