RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA perde a 3 internacionais nesta semana de adestramentos sen liga "para seguir mellorando aspectos clave"

O Dépor ABANCA encara esta semana de adestramentos sen competición de liga sen as súas 3 internacionais: Inês Pereira, Michi Apóstol e Espe Pizarro; ademais da canteirá Antía Veiga.

Fran Alonso lembra que "o resto do grupo ímolo a ter e entón si que podemos aproveitar para seguir mellorando aspectos clave".

Advirte o técnico deportivista que "cando perdes moitas xogadoras é máis difícil traballar".

As Nosas, coa derrota en Sevilla, chegaron a este parón en 13ª posición con 10 puntos.

A seguinte cita en Liga F será o sábado 6 de decembro ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Granada CF.

O corpo técnico dispuxo de 4 sesións no campo 6 do Dépor Training Center segundo esta planificación:

Martes 25 de novembro
10:30 h.

Mércores 26 de novembro
10:30 h.

Xoves 27 de novembro
10:30 h.

Venres 28 de novembro
10:30 h.

Sábado 29 de novembro
Descanso

Domingo 30 de novembro
Descanso