RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA recarga as baterías e desde este mércores, a "seguir mellorando" para o partido ante o Atlético en ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA recarga as baterías con dúas xornadas de descanso, hoxe luns e mañá martes.

O conxunto deportivista volve aos adestramentos este mércores 12 de febreiro a partir das 11:00 en Abegondo.

Os resultados da última xornada, coa espectacular vitoria en Zubieta ante a Real Sociedad, deixaron ás Nosas en 12ª posición da Liga F con 19 puntos.

"Son 3 puntos importantísimos contra un dos mellores equipos desta liga", valorou Fran Alonso finalizado o choque ante as donostiarras.

Queda o técnico deportivista con que "mentalmente estivemos fortes, soubemos sufrir" aínda que pide "seguir traballando, seguir mellorando" de cara ao partido ante o Atlético de Madrid deste domingo 16 de febreiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR (Dazn).

Fran Alonso dispuxo de 4 sesións de traballo na Cidade Deportiva ás 11:00; con almorzo, charla e activación antes de saltar ao céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 10 de febreiro
Descanso

Martes 11 de febreiro
Descanso

Mércores 12 de febreiro
11:00 h.

Xoves 13 de febreiro
11:00 h.

Venres 14 de febreiro
11:00 h.

Sábado 15 de febreiro
11:00 h.

Domingo 16 de febreiro
12:00: Deportivo ABANCA - Atlético de Madrid