Despois dunha fin de semana de descanso debido aos compromisos da selección española, o Dépor ABANCA regresa esta tarde aos adestramentos xa de cara á 3ª cita ligueira, o domingo 1 de outubro ás 17:00 en Pradoviejo ante o DUX Logroño.
Os dous primeiros partidos de liga, saldados con vitoria ante CE Europa en Barcelona e Atlético de Madrid B en Abegondo, deixaron ás Nosas á fronte da Primera Federación Iberdrola con 6 puntos, os mesmos que o Alhama CF.
Irene Ferreras disporá para preparar o partido de Logroño de cinco sesións de traballo, catro delas en Abegondo durante esta semana longa, cun paréntese o xoves, que será día de descanso.
O cadro adestrarase o venres no campo do Monte (Abegondo) co obxectivo de coller sensacións en herba sintética, a mesma superficie que Pradoviejo, escenario do encontro.
Antes de saltar ao céspede cada día, as futbolistas realizarán actividades previas como vídeo e ximnasio.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 25 de setembro
16:30 h., Abegondo
Martes 26 de setembro
10:00 h., Abegondo
Mércores 27 de setembro
10:00 h., Abegondo
Xoves 28 de setembro
Descanso
Venres 29 de setembro
10:30 h., O Monte
Sábado 30 de setembro
9:45 h., Abegondo
Domingo 1 de outubro
17:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, en Pradoviejo (Logroño)