O Dépor ABANCA viaxa este sábado por estrada a Logroño para visitar o domingo ao DUX en Pradoviejo
O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 30 de setembro por estrada a Logroño para visitar o domingo 1 de outubro ás 17:00 horas ao DUX, en partido correspondente á 3ª xornada en Primera Federación Iberdrola.
Antes de subirse ao autocar, Irene Ferreras dirixirá unha última sesión de adestramento en Abegondo que comezará ás 9:45.
O regreso á Coruña da expedición branquiazul será ao finalizar o partido, tamén por estrada.
O plan de viaxe é o seguinte:
Sábado 30 de setembro 9:45: Adestramento en Abegondo 11:30: Saída cara a Logroño con parada para comer en Vega de Valcarce 19:00 (hora aproximada): Chegada ao Hotel Zenit Logroño
Domingo 1 de outubro 17:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, en Pradoviejo Ao concluír, viaxe de regreso á Coruña