RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA xa está en Abegondo despois das probas médicas en Quirónsalud A Coruña

O Dépor ABANCA púxose en marcha. As Nosas, divididas en grupos, pasaron á primeira hora da mañá as probas médicas no centro Quirónsalud A Coruña de ABANCA-RIAZOR a cargo dos doutores do RC Deportivo Alejandro Mejuto e Ramón Barral.

Unha vez finalizados os exames médicos, as futbolistas trasladáronse á Cidade Deportiva para recibir a benvida a cargo do Presidente Álvaro García, que estivo acompañado polos conselleiros Vicente Fernández e Carlos Ballesta; e posteriormente realizar as rutineiras valoracións funcionais no ximnasio. O primeiro adestramento será mañá martes 25 a partir das 10:00 en Abegondo.

As futbolistas son as seguintes:

Porteiras: Yohana Gómez, Lucía Alba e Martina Rivas (Dépor ABANCA B)
Defensas: Inés Altamira, Raquel García, Cris Martínez, Samara Ortiz, Sara Debén, Paula Monteagudo, Clara Rodríguez, Elena Vázquez (Dépor ABANCA B) e Paula Novo (Dépor ABANCA B)
Centrocampistas: Paula Gutiérrez, Henar Muiña, Ayaka Noguchi, Eva Dios, Lía Muiño, Carlota Sánchez e Carmen Carballada (Dépor ABANCA B)
Dianteiras: Ainhoa Marín, Marta Charle, Millene Cabral, Laurina Gutiérrez, Ana de Teresa e Noela Sánchez (Dépor ABANCA B)

O corpo técnico está integrado por:

Irene Ferreras, adestradora
Enrique Machado, segundo adestrador
Manuel Posse, preparador físico
Juan Carlos Aguiar, preparador de porteiras
César Conde, delegado e analista
Alejandro Mejuto, médico
Ramón Barral, médico
Pablo Carrascosa, fisioterapeuta
Alejandro Santiso, nutricionista

Calendario de pretemporada

A primeira cita do Dépor ABANCA será o sábado 5 de agosto en ABANCA-RIAZOR con motivo da XI edición do Trofeo Teresa Herrera.

Así pois, o calendario de verán do Deportivo ABANCA queda así:

Sábado 5 de agosto, XI Trofeo Teresa Herrera (ABANCA-RIAZOR), 17:00: Deportivo ABANCA - Deportivo Alavés Gloriosas
Sábado 12 de agosto, Amigable (Cidade Deportiva de Abegondo), 17:30: Deportivo ABANCA - SC Braga, horario por determinar
Venres 18 de agosto, Amigable (Guimarães): campo, horario e rival por determinar
Martes 22 de agosto, Amigable (San Claudio, Oviedo), 17:00: Real Oviedo - Deportivo ABANCA
Sábado 26 (ou domingo 27) de agosto, Amigable: Deportivo ABANCA - SD Eibar, campo e hora por definir
Sábado 2 de setembro, Amigable: Deportivo ABANCA - Athletic Club B, campo e hora por definir