RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor aférrase a unha serie de hábitos no adestro, no vestiario, que nos vai a levar ao éxito

O Deportivo aférrase, tal e como subliñou esta mesma mañá Pablo Valcarce en rolda de prensa, ao "día a día, crear unha serie de hábitos, de rutinas no vestiario, no adestro, que é o que nos vai a levar ao éxito".

Así, hoxe mércores, Imanol Idiakez, após unha activación con rondos de presión, dispuxo un partido táctico a tres cuartas partes de campo, coa vista posta xa na visita do Osasuna B a ABANCA-RIAZOR este domingo 26 de novembro ás 20:00 horas (TVG-2 y FEF TV).

Por segunda sesión consecutiva, Yeremay completou todo o traballo.

Preguntado polo canario, Pablo Valcarce pediu "paciencia con el. Empezou onte a adestrar co grupo. Hai que darlle paciencia, días, non precipitarnos porque é un xogador para nós moi importante polo que xera, as situacións de ataque que provoca, a maneira que ten para atraer rivais. Entón hai que ter paciencia con el, que nos vai a dar, vainos a dar moito".

Asegura ademais que "todos os compañeiros coidámolo. Metémoslle cana, evidentemente, pero para iso estamos aquí todos nós, corpo técnico e compañeiros, para arroupalo, para apoialo e que estea tranquilo, que o estamos esperando".

Ximo Navarro, Pablo Muñoz, Barbero e o canteirán Mella están con traballo personalizado; e Pablo Valcarce retirouse antes aos vestiarios a consecuencia dunhas molestias no xeonllo dereito, pendente de probas médicas nos próximos días.

Martín Ochoa, Jairo, Marc, Rubén e David Vilán foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves está prevista unha nova sesión en Abegondo, a partir das 11:00 horas, con almorzo xa na instalación ás 8:30.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK