RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor arrinca este mércores a semana de traballo previa á visita ao Córdoba CF

O Dépor, que gozou dous días de descanso (luns 10 e martes 11), comeza este mércores 12 de novembro no Dépor Training Center a preparar a seguinte cita en LaLiga Hypermotion, o domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e TEN) no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel ante o Córdoba CF.

Os resultados da última xornada, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa, deixou a Os Nosos na 2ª posición da táboa con 23 puntos, os mesmos que a UD Las Palmas.

Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de adestramento, 3 delas no Dépor Training Center e a do sábado 15 ás 18:00 na Cidade Deportiva do Córdoba CF.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 12 de novembro
10:30 h., Dépor Training Center

Xoves 13 de novembro
10:30 h., Dépor Training Center 

Venres 14 de novembro
10:30 h., Dépor Training Center

Sábado 15 de novembro
18:00 h., Cidade Deportiva do Córdoba CF 

Domingo 16 de novembro
18:30: Córdoba CF - Deportivo, no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel