RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor arrinca mañá martes unha longa semana "para preparar ben o partido ante o CD Castellón"

O Dépor arrinca mañá martes 11 de marzo unha longa semana de traballo que concluirá o luns 17 de marzo ás 20:30 en Castalia ante o CD Castellón (LaLiga TV Hypermotion), en choque correspondente á 31ª xornada.

Os resultados da pasada fin de semana, co empate o venres en ABANCA-RIAZOR ante o Córdoba CF, deixaron a Os Nosos en 11ª posición con 40 puntos.

Yeremay Hernández, na zona mixta após o choque ante os andaluces, cualificaba esta liga como "moi rara. Calquera equipo pódeche gañar. Podes ir fóra de casa e gañar ti. Logo perdes, logo ganas, logo perdes dúas... É unha categoría fodida. É moi igualada. Nós miramos en ir partido a partido".

Así mesmo, Óscar Gilsanz chanceaba na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR sobre tantos días sen competición: "Aos que nos gusta o fútbol, ver fútbol. Desconectar o xusto".

O técnico deportivista incide en dedicar estes días a "sobre todo preparar ben o partido ante o CD Castellón, que vai ser outro partido diferente, un reto importante para nós".

No entanto, cre Óscar Gilsanz que "o equipo está a dar un bo nivel".

Desde mañá martes ao sábado o Dépor adestrarase en Abegondo e o domingo 16 pola tarde, xa en Castellón.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte: 

Martes 11 de marzo
17:00 h., Abegondo

Mércores 12 de marzo
11:00 h., Abegondo

Xoves 13 de marzo
11:00 h., Abegondo

Venres 14 de marzo
11:00 h., Abegondo

Sábado 15 de marzo
11:00 h., Abegondo

Domingo 16 de marzo
17:15 h., Cidade Deportiva do CD Castellón