RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor arrinca sen descanso unha semana frenética con Copa e liga en ABANCA-RIAZOR

O Dépor arrincou esta mañá en Abegondo, apenas 12 horas despois de regresar de Barcelona, unha frenética semana con partido de Copa del Rey ante o CD Tenerife este mércores 6 ás 12:00 (TVG-2) e de liga ante o Sestao River o domingo 10 de decembro ás 16:00 (TVG-2 e FEF TV).

No grupo hoxe estiveron Yeremay e Mella, destacados onte por Imanol Idiakez na sala de prensa do Estadi Johan Cruyff: "Yeremay xogou sesenta e pico minutos, Mella volveu; e o partidazo de Lucas aínda que non marcou".

O canario, co resto dos titulares onte ante o FC Barcelona Atlètic, completaron como é habitual a primeira parte da sesión no campo, cunha activación e rondos supervisados polos preparadores físicos Javi González e Sergio Roca; e continuaron logo con tarefas de recuperación no ximnasio e cos fisioterapeutas.

Onte en Barcelona ademais o equipo só fixo dous cambios: "Son unha opción. É verdade que sabe mal a un adestrador non facer cambios cando ten xente que se merece xogar todas as semanas, que traballa... pero o equipo estaba tan ben que non había nada que puidésemos tocar. Davo estaba ben, xa fixeramos o cambio de Yeremay por Mella, Villares estaba a traballar fenomenal con Lucas tanto na presión como nas transicións. Pareceume que o equipo estaba ben e que non había que tocalo", explicou o adestrador branquiazul aos medios de comunicación.

Para Mella e o resto de xogadores que onte non actuaron de inicio a xornada foi de alta intensidade, cun traballo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Están con adestramento personalizado Ximo Navarro, Pablo Muñoz e Barbero; ademais de Retuerta, en repouso deportivo.

Pola súa banda, Martín Ochoa, Jairo, Marc, Rubén, Marotías e Kevin, co citado Mella, foron os representantes hoxe de #ANOSACANTEIRA.

Mañá o Dépor adestrarase de novo en Abegondo nunha semana con esta planificación:

Martes 5 de decembro
11:00, Abegondo

Mércores 6 de decembro
12:00: Deportivo - CD Tenerife, en ABANCA-RIAZOR (Copa del Rey)

Xoves 7 de decembro
Descanso

Venres 8 de decembro
11:00, Abegondo

Sábado 9 de decembro
11:00, Abegondo

Domingo 10 de decembro
16:00: Deportivo - Sestao River, en ABANCA-RIAZOR