RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ata a Juan Rodríguez, unha das perlas de #ANOSACANTEIRA

O Deportivo asegurou a continuidade de Juan Rodríguez Lima (Vigo, 1 de marzo de 2002). O defensa central, unha das perlas de #ANOSACANTEIRA, vestirá a camiseta branquiazul polo menos até xuño de 2022, con opción a 2 temporadas máis.

Juan Rodríguez chegou ao Dépor en categoría cadete. A pesar de ter idade xuvenil, adéstrase diariamente co primeiro equipo ás ordes de Fernando Vázquez e xa debutou no primeiro equipo en partidos amigables.

A campaña pasada foi titular en 10 partidos co Fabril de Terceira División; e formou parte dos elixidos por Fernando Vázquez para afrontar a recta final da temporada en Segunda División, aínda que non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Ademais, Juan Rodríguez tamén foi internacional español en categorías sub-17 e sub-18.