RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor baixa a carga física nunha mañá de recuperación activa

O Deportivo, hoxe cos fabrilistas Pablo Brea e Adri Castro, rebaixou a carga física do adestramento, penúltimo dunha semana sen competición.

Para o grupo de futbolistas que saltaron ao céspede houbo un traballo preventivo, rondos e fútbol-tenis. De regreso ao vestiario tocou ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Tiveron adestramento específico Keko, Gandoy, Valín, Borja Granero, Héctor, Derik e Lucho, este cunhas molestias nun cóbado, pendentes de evolución nos próximos días.

Bóveda e Salva Ruiz, que están na recta final da súa recuperación, tiveron unha sesión máis intensa co readaptador, Fran Molano.

Mañá sábado, o cadro pechará a semana cunha última sesión a partir das 10:30 horas. Os futbolistas terán o domingo 15 e luns 16 como xornadas de descanso.