O Dépor - CD Eldense deste sábado en ABANCA-RIAZOR será o "Día DÉ..." Contra o Cancro de Mama
Coincidindo co Día Mundial do Cancro de Mama que se celebra cada 19 de outubro, o partido de Liga Hypermotion do Dépor dese mesmo día ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR ante o CD Eldense será o "Día DÉ..." Contra o Cancro de Mama.
Por medio desta proposta, destinaranse 24 prazas do Palco de Honra do Estadio a membros do colectivo da Sanidade e a representantes da Asociación Española contra o Cancro.
En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.