RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor comezou a preparar a visita ao Albacete Balompié con varias ausencias, "cousas normais que van pasando durante a temporada"

O Dépor xa prepara no Dépor Training Center a visita ao Albacete Balompié prevista para este sábado 29 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, GOL, TEN e TVG) no Estadio Carlos Belmonte.

Os Nosos pasan páxina do triunfo da pasada fin de semana ante o AD Ceuta en ABANCA-RIAZOR. 

Antonio Hidalgo dispuxo, após unha activación con rondos e unha tarefa de posición no campo 2; e un exercicio táctico e fútbol reducido para concluír no campo 3.

Están con adestramento personalizado Ximo Navarro; Escudero; Daniel Bachmann; Luismi Cruz, pendente de avaliación médica; e Lucas Noubi, cuxas probas non remiten lesión no seu ombreiro dereito e será a súa evolución a que marque a súa dispoñibilidade.

En rolda de prensa, Miguel Loureiro restou importancia a esta circunstancia: "Son cousas normais que van pasando durante a temporada".

Admite que coas baixas de Ximo e Escu, "e agora o de Lucas si é certo que temos un contratempo. E empuxar máis os que estamos. Tratar de coidarnos o máximo posible, adestrar, facer o descanso como toca e estar preparados que quedan partidos importantes antes do parón de Nadal; e queremos estar os máximos dispoñibles".

Hugo Ríos, Samu, Damián Canedo, Quique Teijo e Nájera foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Loureiro asegura estar "sorprendido coa xente que sobe do Fabril. Están a facerse as cousas moi ben desde abaixo e o nivel dos mozos do Fabril é fantástico. Temos mozos adestrando todos os días. Damián Canedo e Samu son dos que máis participan. Demostran un nivel fantástico. O equipo está moi ben tamén na súa competición. Na pretemporada estiveron a un nivel moi bo".

O central deportivista veos "preparados para axudar e cando o míster bote man deles dar o nivel".

Este xoves 27 de novembro, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.