RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor cumpre este martes na súa volta ao traballo un dos soños do canteirán Noé Carrillo

O Dépor realizou esta mañá no campo 3 de Abegondo o seu primeiro adestramento da semana e, á vez, cumpriu o soño doutro dos seus canteiráns.

Noé Carrillo Collazo (Teo, 28 de decembro de 2006) adestrouse por primeira vez co primeiro equipo despois de sufrir unha longa lesión a temporada pasada que o tivo varios meses fóra dos terreos de xogo.

Após pasar pola sala de vídeo, foi recibido antes de arrincar o traballo cun cariñoso corredor labazadas polo resto dos futbolistas; iso si, acompañado por outro canteirán, Rubén López, que debutou en Eibar en LaLiga Hypermotion o pasado sábado.

Até a data, Noé, que chegou a ANOSACANTEIRA ao Infantil B na temporada 2019-20, foi titular nos 4 partidos do Fabril, líder da Segunda Federación.

A outra boa noticia protagonizouna Jose Gragera ao entrar na recta final da súa recuperación.

O mediocentro asturiano, o único futbolista que está con adestramento personalizado, xa fai as primeiras tarefas co grupo.

Con David Mella no Mundial sub-20 de Chile, Mane e Samu foron os outros dous canteiráns que estiveron ás ordes de Antonio Hidalgo.

O corpo técnico dispuxo un exercicio de posición no campo 3 para pasar a unha tarefa de duelos con finalizacións no campo 2, de alta intensidade.

Este mércores, Os Nosos continuarán ás 10:30 coa preparación da próxima cita ligueira, a visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR este sábado 4 de outubro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion, Canal Sur, TVG, GOL, TEN e dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).