RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor de Peru Nolaskoain clasificado para os cuartos de final do Trofeo Benéfico Carranza de FIFA20

O futbolista do Dépor Peru Nolaskoain conseguiu o seu segundo triunfo no I Trofeo Carranza de eSports, superando ao Extremadura UD, representado por Pastrana, no primeiro do catro partidos da segunda xornada de oitavos de final.

O partido foi tremendamente igualado na primeira parte, cun tiro a porta de cada equipo e sen goles. Na continuación, o Dépor adiantouse no minuto 50 con gol de Sabin Merino e só un minuto despois Márquez recuperaba a igualada. No último terzo do encontro, Peru conseguiu superioridade e goles para, cos tanto de Çolak (mins. 70 e 83) e un propio no 77, pór o 4-1 definitivo no marcador.

O emparellamento de cuartos de final será ante o Málaga de Iván Jaime (que se impuxo por 8-0 ao Elche en oitavos) o martes 31 a partir das 20:00 h.

O I Trofeo Carranza, do mesmo xeito que o orixinal cando naceu en 1955 (ou o Teresa Herrera 10 anos antes), faino cun fin solidario: a loita contra o COVID-19. É por iso que este campionato, que se verá de maneira gratuíta nas diferentes redes, terá habilitada a opción de doazón. Todo o recadado será doado ao Ministerio de Sanidade. As doazóns poden realizarse na dirección https://www.gofundme.com/f/trofeo-carranza

Os xogadores e equipos que continúan en competición son:

Fali (Cádiz)
Seku (Fuenlabrada)
Peru (RC Deportivo)
Luis Suárez (Real Zaragoza)
Martín Pascual (Rayo)
Málaga (Iván Jaime)
Carlos Hernández (Real Oviedo)
Valery (Girona)

Os cuartos de final disputaranse luns e martes ás 20:00 e 20:30 h.

As semifinais, mércores e xoves ás 20:00 h.

E a Gran Final o venres ás 20:00 h.

O vencedor recibirá unha réplica en miniatura do orixinal Trofeo Carranza.