RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, desde mañá a polo partido, en Teruel, máis importante agora mesmo da temporada

O Dépor prepárase desde mañá martes para "un partido moi fodido en Teruel" tal e como vaticinou onte na zona mixta de ABANCA-RIAZOR Jose Ángel. "É un equipo que está a facer as cousas ben desde unhas xornadas atrás. Por tanto ese é o noso obxectivo, tentar sacar os 3 puntos alí e seguir na pelexa", engadiu.

Os resultados da última xornada, co triunfo (1-0) sobre Unionistas de Salamanca CF onte nun "ambiente incrible" como destacou o mediocentro andaluz ante os medios de comunicación, deixaron a Os Nosos á fronte da táboa unha semana máis con 61 puntos por 58 do FC Barcelona Atlètic, 2º na táboa. Por detrás veñen o Nástic de Tarragona (57 puntos), Celta Fortuna (54 puntos) e SD Ponferradina (53 puntos). "Cando aperta ABANCA-RIAZOR sentímolo moitísimo. Dános ese aire, esa forza que necesitamos en momentos máis difíciles. Sempre os temos do noso lado. O que máis contento me pon é darlle alegrías e triunfos a #ANOSAFORZA para que, cando termine a temporada, estean orgullosos de nós e podamos celebrar o obxectivo", manifestou Jose Ángel.

Tamén Iván Barbero mira xa ao partido en Teruel deste sábado 13 de abril ás 20:00 horas (FEF TV) que "é o máis importante agora mesmo da temporada. E a pola vitoria".

Imanol Idiakez disporá de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con almorzo previo para o cadro xa na instalación.

O venres 12, o adestramento de Os Nosos adiántase ás 10:00 horas para, nada máis concluír, partir de viaxe a Teruel, vía Madrid.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 9 de abril
11:00 h.

Mércores 10 de abril
11:00 h.

Xoves 11 de abril
11:00 h.

Venres 12 de abril
10:00 h.

Sábado 13 de abril
20:00: CD Teruel - Deportivo, no Estadio Pinilla