RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor, desde mañá mércores "a traballar, a seguir, a analizar o que temos que facer mellor... e a pola SD Huesca"

Helton Leite foi rotundo nada máis concluír o encontro ante o CD Eldense o pasado domingo no Estadio Pepico Amat: "A traballar, a seguir, a analizar o que temos que facer mellor e... a pola SD Huesca".

Iso mesmo fará o Dépor desde mañá mércores 19 de febreiro con 4 sesións matinais de preparación na Cidade Deportiva antes de recibir ao conxunto oscense o domingo 23 de febreiro ás 14:00 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2).

O gardameta brasileiro insiste agora en "analizar, recuperar, traballar moito e seguir, que o domingo vén un opoñente moi difícil que ten bo equipo tamén".

Os resultados da xornada, coa derrota ante o CD Eldense, deixaron a Os Nosos en 12ª posición con 35 puntos.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 19 de febreiro
11:00 h.

Xoves 20 de febreiro
11:00 h.

Venres 21 de febreiro
11:00 h.

Sábado 22 de febreiro
11:00 h.

Domingo 23 de febreiro
14:00: Deportivo - SD Huesca, en ABANCA-RIAZOR