RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor fai fincapé esta mañá na estratexia e nas finalizacións

O Dépor fixo fincapé esta mañá nas accións a balón parado, unha faceta á que o equipo está a sacar moito proveito no que vai de competición, e nas finalizacións.

Unha activación con rondos e un xogo técnico completaron a sesión desta mañá, con frío e choiva na Cidade Deportiva.

Ximo Navarro, Barbero, Pablo Muñoz, Retuerta e Hugo Rama, este con unha molestia nos isquiotibiais sufrida onte, estiveron con adestramento personalizado. 

En rolda de prensa, Imanol Idiakez cre que "hai aínda algunha opción" de que Hugo Rama chegue a tempo para o encontro: "A resonancia non o deixou moi claro e as sensacións del non son tan malas como pode parecer. Imos esperar a mañá", apunta.

Martín Ochoa, Jairo, Mella, Marc, Rubén e Marotías foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Sobre Mella, que está na recta final da recuperación da lesión muscular sufrida no partido de Copa en Langreo o pasado 1 de novembro, o técnico deportivista pide "esperar a mañá, falar con el e ver as súas sensacións, que creo que foron mellores que as que esperabamos. Teño unha opción na cabeza de que poida vir e de que nos poida axudar un intre no partido" deste domingo 3 de decembro ás 17:00 (FEF TV) no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona Atlétic.

Non ten dúbidas Imanol Idiakez de que o concurso de Yeremay e Mella aumentarían as opcións do Dépor porque "son dous xogadores máis específicos, extremos puros de man a man, de encarar, de driblar".

Mañá sábado 2 de novembro, o equipo adianta media hora o adestramento, que arrincará ás 10:30 en Abegondo en lugar da as 11:00, como adoita ser habitual, debido a que á primeira hora da tarde o Dépor viaxa a Barcelona.

 

/* Bot imbee */