RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine disputou un partido de fútbol sala inclusivo con alumnos do Colexio Internacional de Eirís

O Dépor Genuine protagonizou unha bonita xornada no Colexio Internacional de Eirís.

Nas instalacións do citado centro educativo, Os Nosos disputaron un partido de fútbol sala con alumnos de 4º da ESO.

Nas bancadas estivo presente o resto do alumnado de secundaria, que puido así participar nunha emocionante xornada.

Este novo evento impulsado pola Fundación RC Deportivo busca favorecer a inclusión así como a concienciación social a través do fútbol.