RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine inicia esta fin de semana LaLiga Genuine 2022-2023

O Dépor Genuine arranca esta fin de semana a súa participación en LaLiga Genuine 2022-2023, que terá lugar en Salou (Tarragona).

A expedición branquiazul voará a Barcelona mañá venres pola mañá e regresará o domingo pola noite. Na noite do venres, o Nou Estadi Costa Daurada de Tarragona acollerá a cerimonia inaugural, coa presenza de todos os equipos participantes, o que supón preto de 1.000 deportistas entre futbolistas e adestradores.

O equipo deportivista disputará tres encontros, como é habitual. O sábado medirase ao Real Sporting de Gijón pola mañá e á Fundación Albacete pola tarde, mentres que na matinal do domingo enfrontarase ao CD Lugo.

Os 16 convocados para esta xornada son José Manuel Serrano, Víctor Vales, Daniel Trasancos, Cristian Vázquez, Álex Rey, Sergio Díaz, Carmen Durán, Andrés Barbeito, José Antonio Cagiao, Mario Ventura, Gabriel López, Álvaro García, Miguel Rivas, Saúl Jiménez, Xosé Marquina e Alexandra López. Xunto a eles viaxarán os técnicos Lucía Otero, Breogán López, Carlos García Collazo e o delegado Andrés Echevarría.

O plan de viaxe do Dépor Genuine é o seguinte:

Venres 11 de novembro
09:15: Saída do voo da Coruña con destino ao Aeroporto de Barcelona
10:50: Chegada aproximada ao Aeroporto de Barcelona e traslado ao hotel Caribe Port Aventura, en Salou (Tarragona)
20:00: Cerimonia inaugural no Nou Estadi Costa Daurada (Tarragona)

Sábado 12 de novembro
10:00: DÉPOR GENUINE - REAL SPORTING DE GIJÓN, no Complex Esportiu Fútbol Salou (campo 4)
16:00: FUNDACIÓN ALBACETE - DÉPOR GENUINE, no Complex Esportiu Fútbol Salou (campo 4)

Domingo 13 de novembro
12:00: CD LUGO - DÉPOR GENUINE, no Complex Esportiu Fútbol Salou (campo 7)
19:40: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona con destino A Coruña
21:25: Chegada aproximada á Coruña

Máis equipos, máis xornadas e máis trofeos en LaLiga Genuine 2022-2023

A quinta edición de LaLiga Genuine foi presentada o pasado o pasado martes en Madrid.

Vicente del Bosque, Embaixador de LaLiga Genuine; Iker Casillas, LaLiga Icon, e Miguel Torres, Embaixador de LaLiga, foron os anfitrións desta cerimonia e encargados de dar a benvida aos 44 equipos participantes, dous máis que na campaña pasada, grazas ás incorporacións de FC Andorra e Fundación Real Madrid.

Entre as novidades, disputarase unha xornada máis, catro en lugar das tres de campañas precedentes, e haberá un trofeo ao trofeo Fair Play en cada un dos grupos de competición.

O calendario da competición é o seguinte:

1ª fase:
Tarragona (C.E. Fútbol Salou, 11, 12 e 13 de novembro de 2022)

2ª fase:
Barcelona (C.E. Dani Jarque, 17, 18 e 19 de febreiro de 2023)
Bilbao (Lezama, 24, 25 e 26 de marzo de 2023)

3ª fase:
Vigo (C.D. A Madroa, 14, 15 e 16 de abril de 2023)
Burgos (C.D. Castañares, 12, 13 e 14 de maio de 2023)

4ª fase:
Villarreal (C.D. Pamesa, 9, 10 e 11 de xuño 2023)