RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor incide nas finalizacións, a pizarra e en "recuperar a todos" de cara ao encontro ante o Albacete Balompié deste domingo en ABANCA-RIAZOR

Antonio Hidalgo admitiu este venres na sala de prensa que "unha serie de xogadores teñen algún tipo de molestia" pero "coa intención de recuperalos a todos" de cara ao encontro deste domingo 8 de febreiro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) ante o Albacete Balompié.

No grupo está Ximo Navarro, a quen o técnico deportivista pide "entenderlle e quererlle moito. É un futbolista diferencial cando está a ese nivel que demostrou o outro día (en León). Ten unha competencia moi alta nesa posición. É o que nos vai a facer mellores".

Nesta liña, valora "entender todos o rol que ocupa cada un en cada momento. Estou contento porque volveu (Ximo) nas mellores condicións. Volveu ao máximo nivel e iso dános unha opción máis".

Bil, Noé e Bil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Manuel Pablo, adestrador do Fabril, explicou na sala de prensa que "seguen na mesma situación que a fin de semana pasada. Ao final puideron vir connosco. Mesmo Bil xogou. Imos un pouco nesa liña. Van estar adestrando moito co primeiro equipo e a fin de semana estarán ás veces metade e metade. Eu creo que a idea é que estean en dinámica do primeiro equipo".

A fría mañá de venres arrincou na sala de vídeo, con sorpresa do cadro para Antonio Hidalgo no día do seu 47 aniversario, con tarta incluído.

Xa no céspede, após unha activación con rondos e xogos, o corpo técnico dispuxo un exercicio de finalizacións no campo 3; e un exercicio táctico e un repaso ás accións a balón parado no 2.

Este sábado 7 de febreiro a partir das 10:30, Os Nosos realizarán no Dépor Training Center a última sesión previa ao encontro ante o Albacete Balompié.