RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor inicia cunha sesión vespertina a semana de traballo previa ao partido ante a SD Tarazona en ABANCA-RIAZOR

Un adestramento vespertino hoxe martes 13 de febreiro serviu para arrincar a semana de traballo do Dépor previa a visita da SD Tarazona a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 18 de febreiro ás 19:00 (TVG-2 e FEF TV).

Despois dunha longa viaxe desde Logroño na madrugada do sábado ao domingo; e de descanso ese mesmo domingo e o luns, os futbolistas regresaron a Abegondo esta tarde para unha sesión de activación.

Con todo o cadro sobre o céspede ademais do canteirán Rubén López, Imanol Idiakez dispuxo para todo o grupo un quecemento con rondos e un exercicio de posición; e só para os xogadores que non actuaron de inicio en Logroño houbo ademais fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá mércores 14 de febreiro, Os Nosos regresan ao horario habitual: almorzo a partir das 8:45 xa na instalación e adestramento no campo ás 11:00 horas.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK