RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor iniciou este mes de setembro "con ganas" nunha semana "curta porque o partido chega antes"

O Dépor arrincou este mércores 3 de setembro en Abegondo unha semana "curta ao xogar luns (en Leganés) e sábado (en ABANCA-RIAZOR ás 16:15 ante o Sporting de Gijón). Para min mellor porque o partido chega antes", comentou en rolda de prensa Mario Soriano.

O mediocentro deportivista apunta que "hai que seguir insistindo no que estamos a facer ben e nos pequenos detalles que poden marcar os partidos estar concentrados".

Preguntado polo feito de que o Sporting xogase o seu partido da 3ª xornada o venres 29, Mario Soriano apunta que "os horarios os pon e non podemos facer nada. Non pensara que eles xoguen venres e sábado. Temos que ser conscientes de que en cada partido temos que estar ao 100% e facer cada un o que ten que facer para chegar nas mellores condicións ao partido".

Antonio Hidalgo dispuxo unha activación con roda de pases e un exercicio de posición para todo o grupo.

A partir de aquí os futbolistas con máis minutos o pasado luns en Butarque retiráronse do traballo no céspede e os demais realizaron un circuíto de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Están coa súa selección David Mella e Lucas Noubi; mentres que Jose Ángel continúa co seu plan de traballo personalizado.

Mane segue cos fabrilistas que están co primeiro equipo, caso de Samu e Hugo Ríos.

Este xoves, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 10:30.