RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor perfila en Abegondo os detalles con moitísimas ganas de que chegue o partido deste domingo ante o Celta Fortuna

O Dépor perfilou esta mañá en Abegondo os detalles "con moitísimas ganas de que chegue o partido e máis despois de perder sempre tes ganas de que chegue o seguinte partido", segundo confesou Imanol Idiakez na sala de prensa.

É consciente o equipo que "a nivel de puntos non estamos onde queremos" pero ante un encontro en ABANCA-RIAZOR hai "moitísimas ganas de conseguir a primeira vitoria en casa, que sería un punto de inflexión para todos".

Após pasar pola sala de vídeo, o corpo técnico dispuxo esta mañá sobre o céspede dunha activación, rondos, un traballo posicional e un ensaio de accións a balón parado, importantes dada a igualdade reinante na categoría.

Con Yeremay, Balenziaga e Pablo Muñoz con traballo personalizado, Mella, Martín Ochoa, Jairo, Rubén e Óscar Marotías foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Sobre Yeremay falou Idiakez por unha pregunta dos medios de comunicación: "É unha lesión máis complicada. Falamos dun óso que máis aló de que cure e cicatrice, a perda de forza, a zona de ao redor, a musculatura todo iso ten que porse en orde e que o xogador senta seguridade. Ademais falamos dun xogador que é pura potencia e puro caneo. Tivo algunha parte co grupo, pero aínda lle falta".

Mañá sábado, o Dépor adestrarase ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR a porta pechada, na última sesión previa ao partido ante o Celta Fortuna deste domingo 8 de outubro ás 19:00 (FEF TV e TVG-2).